![]() |
Asociación Cultural A FORNA | ![]() |
Budiño - O Porriño |
CORAL POLIFÓNICA A FORNA
A coral Polifónica A Forna nace no seo da Asociación Cultural A Forna de Budiño no ano 2001, no que inicia os primeiros ensaios. Nunha primeira corta etapa, que termina a mediados do 2004, estuvo formada por 32 voces e a primeira actuación en público da Coral remóntase ao mes de decembro do ano 2003, facendo a súa presentación no salón de actos da Asociación Cultural A Forna. A partir deste día, actuou en Salvaterra de Miño, en Chain (Gondomar), na Igrexa Parroquial de Santa María do Porriño, En Ribadelouro (Tui) e na Igrexa Parroquial de Budiño.
En setembro do 2004 inicia unha nova andaina renovando máis da metade dos seus compoñentes. Este novo conxunto de voces, intentan facer do canto coral unha das súas máis importantes aficións.
Esta agrupación promove unha actividade cultural, musical e de lecer que, dirixida por Beatriz Gómez Fandiño, trata de facer chegar os coñecementos básicos e curiosidades do mundo coral aos seus compoñentes, dun xeito ameno, agradable e divertido.
Despois de seis meses de ensaios cheos de ilusión, alegría, empeño e pasión pola música, hoxe tócalle poñerse de largo a esta renovada Coral Polifónica A Forna de Budiño. Compoñen esta agrupación musical:
María Luisa Bargiela Pereira
Carolina Barros Pérez
Santiago Bastos Iglesias
Raquel Besada Vila
Susa Costas Porto
Carmen Fernández Burgo
José Gómez Moráis
María Dolores Gómez Moráis
Ester Lemos Romero
José Lemos Vila
Celso Martínez González
María Martínez Lago
Emérita Martínez Pérez
Rosa Martínez Teixeira
José Míguez Gómez
José Moráis Rodríguez
Rogelio Moráis Romero
Isaura Moráis Romero
Isabel Nacimento Romero
Benita Pérez Calvera
María Carmen Pérez Domínguez
Angela Rodríguez Vila
Pablo Romero Alonso
Isabel Romero Domínguez
Carlos Saa Amaro
Placer Sanjuan Barros