![]() |
Asociación Cultural A FORNA | ![]() |
Budiño - O Porriño |
O SON DA FORNA
Festa da Risca ( O Porriño)
GAITEIRO O SON DA FORNA
O grupo de música tradicional da Asociación Cultural da os primeiros pasos no ano 1999 coa profesora Teresa Pérez, unha das integrantes das Donicelas, pandereiteiras de Salceda de Caselas e con catro alumnos. Uns anos máis tarde o grupo foi medrando e colleu a dirección do grupo Alberto Miranda, Diplomado en Educación Musical e Titulado en Grao Medio Loxse. No ano 2004 xa comezaron a celebrar as primeiras actuacións en público. Neste período o grupo xa contaba cunha decena de músicos que facían as delicias do público. No ano 2009 Alberto tivo que deixar o grupo e tomou a dirección do grupo Martín González, Titulado Superior de Música, na especialidade de Gaita. Na actualidade conta con quince compoñentes e xa teñen actuado en romarías, concertos e seráns dos concellos do aredor.OUTRAS FOTOS DO GRUPO