![]() |
Asociación Cultural A FORNA | ![]() |
Budiño - O Porriño |
GRUPO DE TEATRO
O Grupo actual de teatro da Asociación Cultural A Forna nace no ano2001, cando un grupo entusiasta de veciños da parroquia pretenden montar unha obra con motivo das tradicionais festas de San Brais.
Por se a intención se quedase moi pequena, deciden escomenzar, nen máis nen menos, que coa tradicional obra de Moliere "O ENFERMO IMAXINARIO" cunha duración aproximada de 90 minutos.
Por se isto non fora traballo suficiente, tamén montan unha pequena obra cómica para que o público disfrute ainda máis.
Despois dunha pequena reestructuración dos actores, na actualidade está constituida como un grupo de teatro estable da Asociación.
Este Grupo está dirixido por Juán José Martínez Moya e as súas ordes actúan:
María Soledad Besada Moráis, (Marisol de Regueiro)
Lorena Domínguez Estévez
Domingo Domínguez Martinez, (Mingos de Elena)
José Fernández Piñeiro, (O Demo)
Margarita Lemos Piñeiro, (Margarita da Candaval)
Olga Lemos Piñeiro
Adolfo Lorenzo González
Juán José Martínez Moya
Silvino Martínez Vaqueiro
Jose Míguez Gómez
Jose Manuel Moreno Blanco
Jesús Pérez Vila, (Suso do Ferreiro)
Tania Pérez Nogueiras
Ismael Pérez Nogueiras
Benita Ramilo Pichel
Manuel Romero Fernández, (Manolito de Demetrio)
Mari Cruz Vázquez Nieves
Carmen Vila Lemos
Este grupo de teatro disfruta dun convenio coa Diputación de Pontevedra, e durante o último ano tiveron unha intensa actividade de representacións da obra: O Porriño, Budiño, Mosende, Torneiros, Pontellas, Atios, Salceda de Caselas, A Feira (Salceda), Soutelo (Salceda), Guillarei (Tui), Zamáns (Vigo), Cela (Mos), Codeseda (A Estrada).
Na actualidade están preparando outra obra, A XUSTIZA DUN MUIÑEIRO de MANUEL VARELA BUXAN, coa intención de poñela en escea no vindeiro outono. Esta obra foi estrenada no teatro MAYO, de Buenos Aires pola Compañía Galega MARUXA VILLANUEVA.